Este sitio usa cookies. Para continuar navegando debes aceptar su uso.

Festa do Patrón

Con motivo da celebración da festa do patrón, a Xunta de Goberno do Colexio de Delineantes de Ourense, organizou unha xornada de harmonía, a que se vos fai participes, e que se levará a cabo o próximo Sábado día 23 de Maio de 2.015, e que se desenvolverá co seguinte programa:


10,45 h. Saída de Ourense (Pavillón de deportes)
11,30 h. Visita a Vilanova dos Infantes (Celanova)
12,30 h. Visita ao Mosteiro de Celanova (Celanova)
14,00 h. Comida no restaurante O Muiño do Chirlo (Celanova)
17,00 h. Visita a Vila Romana “Aquis Querquennis” (Bande).


Faise notar que o traslado se realizará en coche particular. Non será obrigatorio asistir ás visitas programadas. A hora de regreso será por vontade.


A comida disporá do seguinte menú.

Entrantes:
Táboa de ibéricos
Croquetas caseiras
Luras á romana
Revolto de cogomelos con xamón ibérico

Primeiro:
Bacallau á portugues

Segundo:
Costela adobada

Sobremesas:
Variedade de sobremesa da casa

Bebidas:
Viño da casa, auga e refrescos
Café e chopitos de licor e herbas


O prezo por persoa e de 28 Euros, que se ingresarán con anterioridade na conta ES-22-0049-5230-9924-1725-3961. Cada colexiado poderá asistir cun acompañante, e o prazo de inscrición para asistir, rematará o próximo Martes día 19 de Maio. A reserva realizarase mediante correo electrónico colexio@delineantesourense.com, no contacto da páxina web ou nos teléfonos de contacto.


Comentarios (0)

  • Non hai comentarios aínda. Sexa o primeiro