O departarmento de Edificación e Obra civíl do CIFP Politécnico de Lugo invita aos colexiados á xuntanza de ex-alumnos de FP2 delineación e dos Ciclos formativos de Desenvolvemento de proxectos de construción e Proxectos de edificación que ven de organizar para o vindeiro 27 de xuño, venres, as 19,30 horas no salón de actos do citado centro.

Os obxectivos da xuntanza son a localización e actualización dos datos dos exalumnos para posibilitar posteriores contactos, coñecer a súa situación laboral e ao mesmo tempo facilitar o contacto entre compañeiros de estudos intercambiando opinións sobre a situación e cambios que se están a producir na profesión.
Finalmente, por parte do departamento, informar da nova oferta formativa e a configuración dos novos ciclos formativos de Proxectos de Edificación e Proxectos de Obra Civil así como o novo enfoque que os membros o departamento pretender dar á oferta formativa enfocándoa ademáis hacia a actualización das persoas xa tituladas nos plans antigos mediante a posibilidade de cursar individualmente só aquelas materias do interese particular de cada un.

Para maior información pódese enviar un correo electrónico a:
jabuide@edu.xunta.es ou en Facebook: https://www.facebook.com/jbuide

Os membros do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Politécnico de Lugo agradecen a colaboración prestada polo Colexio de delineantes de Lugo e os seus colexiados, confiando que sexa do seu inte