Este sitio usa cookies. Para continuar navegando debes aceptar su uso.

O Colexio

É unha corporación de dereito público, amparada pola Lei e con o recoñecemento por parte do Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, ó tempo que é unha organización profesional de ADSCRIPCIÓN OBRIGATORIA (xa se seña autónomo, empregado por conta allea ou funcionario según sentencia 89/1989 do Tribunal Constitucional, que considera esta colexiación obrigatoria como requisito legal, en razón dos intereses públicos vinculados ó exercicio profesional. Criterio reiterado na sentencia do máximo Tribunal de 17 de jullo de 1989).

O Colexio

Estas duas características, comúns a calqueira Colexio Profesional, diferencian a un Colexio dun gremio, dun sindicato ou dunha asociación.

O exercicio libre para as profesións tituladas está regulado pola Constitución no seu artigo 36: “A lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e o exercicio das profesións tituladas. A estructura interna e o funcionamento dos Colexios deberán ser democráticos”

Polo tanto para o exercicio legal da profesión, será requisito indispensable estar incorporado, en calidade de membro exercente, ó Colexio no ámbito que se exerza a actividade e cumprir os requisitos legais e estatutarios esixidos a tal fin”

FINS:

Como colectivo perseguimos unha serie de fins que protexan os nosos colexiados para proporcionarlles un servizo serio que lles axude no desenvolvemento da súa carreira profesional, ditos fins son:

Defender con normas propias os intereses profesionais dos colexiados.

Representar os intereses xerais da profesión, de forma especial, ante as administracións Públicas.

Defender ós colexiados, dentro do marco das leis e vixilar o exercicio da profesión velando para que a mesma se axuste ós intereses dos cidadans.

Informar de todas as normas que prepare o goberno da Xunta de Galicia sobre as condicións xerais do exercicio profesional e sobre as funcións, os ámbitos e o réxime de incompatibilidades.

Promover a dignificación social e económica dos colexiados, ordeando no ámbito da súa competencia a actividade profesional, dentro da súa titulación académica.

Participar nos órganos consultivos da Administración.

Visar os traballos profesionais dos colexiados.

Asesorar ós colexiados, ás Administracións e ós particulares en temas da profesión.

Perseguir o intrusismo profesional, denunciando e perseguindo ante á Administración e os Tribunais de Xustiza.

Fomentar a incorporación ó mundo laboral dos colexiados mediante unha bolsa de traballo activa.

Asegurar a adecuada formación dos futuros titulados mediante contactos ca Administración Educativa e cos Centros de Ensinanza.

Velar pola defensa das competencias e facultades profesionais dos colexiados e para que a actividade profesional se axuste ós intereses dos cidadans.

Fomentar actividades e servizos comúns de interés colexial de carácter profesional tales como: visitas, xornadas, actividades técnicas, formación dos colexiados (cursos), etc.

Para todos estos cometidos é necesario a colaboración de todos e cada un de nós, non somentes do equipo de Goberno, senon tamén do resto dos colexiados .

XUNTA DE GOBERNO

Encárgase da dirección e administración do Colexio, componse do Decano, Vicedecano, Secretario, Tesoureiro, Interventor e 4 vocais, é elexida democráticamente na Asemblea Xeral cada catro anos.

SERVIZOS

Visado de proxectos

Honorarios

Bolsa de Traballo

Biblioteca

Información (convenios de traballo que afectan ós delineantes)

Certificación e Homologación

Expedición por parte do Colexio de Certificados Profesionais

Homologación de antigas titulacións da profesión a titulacións actuais, así como a Homologación da titulación de delineantes a de “Técnico Superior”

Precios especiais nas empresas que temos convenios.

EFECTOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS

O antigüo título de Técnico Especialista en DELINEACIÓN ten os mesmos efectos académicos e profesionais que o título de Técnico Superior, na correspondente especialidade. (Real Decreto 777/1998 de 30 de abril).

¿POR QUÉ COLEXIARSE?

Ó definir o Colexio xa mencionamos que a Constitución asinalle a obligada “defensa dos intereses públicos”, esta función é a que da sentido á obligatoriedade da colexiación para exercer a profesión.

Non todas as profesións dispoñen dun Colexio Profesional, a lei reserva esta estructura ás profesións moi cualificadas pola súa incidencia social.

Todas as profesións que teñen Colexio Profesional, requiren para o seu exercicio a colexiación, que é obrigatoria por imperativo legal tal e como sinala a sentencia 89/1989 do Tribunal Constitucional, que considera esta colexiación obrigatoria como un requisito legal en razón dos intereses públicos vinculados ó exercicio profesional. Criterio reiterado na sentencia do máximo tribunal de 17 de julllo de 1989.

Os que deseen exercer as actividades profesionais detalladas como propias dos antigos títulos de Maestro Industrial en Delineación e FP II especialidade Delineación ou dos actuais técnicos superiores en:

Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción  /Proxectos de Edificación

Desenvolvemento de proxectos mecánicos/ Deseño en Fabricación Mecánica/ Construccións metálicas

Deseño e producción editorial/ Ilustración/ Artes Plásticas e Deseño en Ilustración

Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas / Proxectos de Obra Civil

Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluidos, térmicos e manutención


Débense inscribir obrigatoriamente no Colexio Profesional que lles corresponde pola súa demarcación territorial, de non facelo poden incurrir nunha infracción penal de intrusismo profesional.

Os Delineantes están incluidos no sistema de recoñecimento de títulos da Unión Europea en relación co Espacio Económico Europeo, dacordo co Real Decreto 1754/1998 e as Directivas da Unión Europea 95/43 e 97/38, e por tanto, a autoridade competente para o recoñecimento da formación obtida noutros estados membros da UE e para acreditar a formación obtida en España, ós efectos da sua colexiación, é a Xunta de Galicia.

Dado que a ADSCRIPCIÓN Ó COLEXIO E OBLIGATORIA para exercer a profesión, as cuotas que se abonan o Colexio teñen un tratamento fiscal moi beneficioso para os colexiados e deducense dos ingresos no momento de realizar a declaración anual da renda das persoas físicas.