Este sitio usa cookies. Para continuar navegando debes aceptar su uso.

Benvido/a a nosa páxina web

Gustaríame darche a benvida a nosa páxina web, xa fora por curiosidade ou por interese profesional, como visitante casual, membro do colexio, delineante, técnico superior proxectista, ou en busca dalgún profesional para o desenvolvemento dun traballo.

De calquera xeito douche as grazas e fago unha breve introducción da información, os medios e a finalidade do que podes atopar  na nosa páxina.Benvido/a

O Colexio Profesional de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas é unha CORPORACION DE DEREITO PUBLICO, que está regulada pola Lei dende mais dunha trintena de anos, ainda que existe e foise desenvolvendo e evolucionando ó longo dos séculos, ata chegar á última regulación co Real Decreto 777/1998 Anexo III, en donde amplia o campo de competencias e pasa á denominación de Técnicos Superiores Proxectistas ou os actuais Técnicos Superiores en:

Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construcción / Proxectos de Edificación

Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas/ Proxectos de Obra Civil

Desenvolvemento de Proxectos Mecánicos / Deseño en Fabricación Mecánica

Construccións Metálicas

Desenvolvemento de Proxectos de instalacións de fluídos, térmicos e de manutención.

Deseño Editorial/ Deseño e Producción Editorial

Ilustración/ Artes Plásticas e Deseño en Ilustración

É un colexio de ADSCRIPCION OBRIGATORIA para calquera técnico que pretenda exercer a profesión, ainda que persoalmente creo que ademais é un vínculo de unión entre os profesionais para a consecución de unos obxetivos comúns a nosa profesión.

Estamos na era da Revolución Tecnolóxica, que xunto cos momentos que nos toca vivir, crean dúbidas e incerteza e enfróntannos a un grande reto. Soamente adaptándonos a esta nova situación e traballando con profesionalidade poderemos seguir avanzando en busca dun futuro mellor.

E para rematar, comentarche que dende esta páxina pretendemos aproveitar os medios que nos brinda Internet para estar máis cerca dos nosos colexiados, aportando toda a información colexial de forma dinámica e eficaz, invitarte tamén a que señas participe dela, cas túas opinións, ideas ou artigos e o mesmo tempo abrir unha fiestra cara ó exterior para que outros poidannos coñecer.

Recibe un cordial saúdo en nome da xunta de goberno do Colexio e no meu propio.

Luciano J. García Monasterio

Decano-Presidente