Acceso
Atopar
Webmail
Últimas novas
- O MES DE AGOSTO PECHADO POR VACACIÓNS
- Emprego Delineante
- Cursos para trabajadores en activo del régimen general
- Cursos Bonificados
Mellores Ligazóns
- B.O.P. Lugo
- delineacion.org
- Código Técnico de la Edificación
- D.O.G.
- Sigpac
- B.O.E.
- Estatuto del trabajo autónomo
- Normativa Técnica da Edificación
- Planeamiento Urbanístico
- Oficina Virtual Catastro
Nube de Etiquetas
Definición da profesión
As novas tecnoloxías incorporadas ó mesmo proceso de deseño e elaboración do proxecto, especialmente aquelas que derivan da utilización de soportes informáticos, modificaron profundamente á actividade do deseño e a subseguinte delineación para chegar á concreción do proxecto. As técnicas informáticas axudan ó delineante proxectista a descargar as tarefas puramente mecánicas e repetitivas e fan, en definitiva, que a tarefa sexa máis productiva e creativa. Isto obriga a ter un contacto permanente co mundo productivo e unha reciclaxe constante diante da rapidez dos cambios e a permanente aparición de novos soportes técnicos.
Semánticamente a definición de DELINEANTE podémola establecer como o profesional do debuxo técnico e o técnico dos sistemas descriptivos da representación de planos.O delineante crea planos, e dicir, crea liñas e formas en función de datos recollidos ó técnico superior ou propios, tendo en conta factores mecánicos, térmicos, estéticos, económicos, etc. A denominación da profesión de delineante non se axusta coa praxis profesional nin co plan de estudos que habilitan ó exercizo da profesión, e máis atinada a denominación de delineante proxectista, define con máis claridade a figura deste técnico. Na CE non existen profesións coa denominación de delineante, así e todo, existen profesións afins que realizan básicamente as mesmas actividades que fan os delineantes proxectistas no estado español, con competencias legalmente recoñecidas.
O delineante que elaboraba planos aplicando os fundamentos do debuxo técnico e dos sistemas descriptivos (delineación), xa non delinea, o mesmo no sentido tradicional, en cambio proxecta e define máis xa que incorpora ó traballo elementos de deseño, funcionalidade, construcción ou fabricación que ata agora éranlle moi limitados, convertíndose en xeral, máis autónomo e menos dependente doutros profesionais.
O Delineante Proxectista é o técnico que aplica os fundamentos da delineación e os coñecementos técnicos e tecnolóxicos (adquiridos para a obtención do título de técnico superior en desenvolvemento de proxectos do sector e da especialidade cursada) para proxectar e/ou desenvolver ou detallar proxectos os documentos técnicos, baixo a dirección de técnicos superiores competentes ou os concebidos por el mesmo, segundo os datos e condicións técnicas esixidas ou establecidas polos clientes, a empresa ou natureza das obras a estudar sen perxuizo das disposicións establecidas pola lexislación vixente en materia da regulación profesional.
Existe na cultura popular, ben por descoñecemento ou ben polos intereses doutros colectivos, un descoñecemento total da profesión do Técnico Delineante (Delineante Proxectista). O perfil deste profesional no sector da construcción poderíase definir como: o técnico titulado que está cualificado para intervir nos proxectos de edificación e obra civil realizando ou coordinando o seu desenvolvemento integral ou parcial dos documentos gráficos, descriptivos, técnicos e orzamentais, dacordo coas instrucción ou especificacións do técnico competente autor do proxecto. Este profesional tamén está cualificado para proxectar e detallar obras e instalacións de escasa entidade constructiva e sinxelez técnica e traballos de campo e gabinete, que esteñan comprendidas dentro da formación e dos coñecementos e da técnica da súa propia titulación e, sempre e cando ditas tarefas non sexan competencia exclusiva doutros titulados.
Dacordo co currículo formativo e nivel académico dos estudos superiores de FP que dan acceso á titulación de técnico superior en desenvolvemento de proxectos e que capacitan para poder exercer legalmente a profesión regulada de Delineante (sen prexuizo da condición de estar colexiado) deberíamos falar de Delineante Proxectista. A definición semántica de delineante non se axusta nin se ten axustado nunca ó perfil profesional, quizais sexa este un dos motivos que ten desmerecido e desprestixiado a nosa profesión, por confundirnos por simples delineadores ou operadores de CAD que teñen por oficio debuxar planos ( na actualidade sen máis coñecemento que os adquiridos polo uso e a practica de programas de CAD) segindo as indicación e supervisións de calquera técnico titulado que este facultado para redactar proxectos técnicos.
A pesar de ser profesión regulada padecemos un esaxerado nivel de intrusismo profesional e en moitos casos promovido e tolerado pola administración.
A profesión pódese exercer como profesional asalariado ou como profesional liberal contratado, onde entra en conflicto con outros colectivos que monopolizan algunhas competencias profesionais, que non son de ningún xeito exclusivas deses colectivos (a legalidade dalgunhas desas competencia poderíase cuestionar).
En comparanza con outras profesións afins, de semellante nivel de estudos que teñen recoñecidas legalmente as súas competencias, como é o caso dos Decoradores, Deseñadores de Interior no estado español e o dos Xeómetras, Xeometras Expertos, Técnicos da Construcción, Técnicos de Obras, Técnicos Superiores da Construcción, etc, nos paises comunitarios, sufrimos inxustamente a falta de recoñecemento das nosas capacidades profesionais.
Polo nivel de estudos non se nos poden discutir nin moito menos negar certas competencias, é máis coidamos que si tivéramos unha lei de atribucións que detallara as nosas facultades, seríamos un colectivo dun alto interés social. As Administracións Públicas esixen documentos técnicos administrativos que non teñen a natureza de proxecto técnico, que teñen que acompañarse nas solicitudes de licencias ou autorizacións de obras, instalacións, actividades, parcelacións, etc., de escasa entidade e sinxeleza técnica que precisan a intervención dun técnico competente. Estamos seguros que sería máis proporcional que estos documentos estiveran redactados e asinados polos nosos colexiados que non por outros profesionais de superior nivel académico, que teñen por obxetivo a intervención de proxectos técnicos que requiren a aplicación de fundamentos de carácter técnico e científico. Resulta esaxerado contratar a colectivos superiores para traballos que todos sabemos que pola súa natureza son máis propios dos Delineantes Proxectistas. Isto traduciríase na práctica nun eficiente servizo e nunha mellor relación prezo/hora, sendo éste un dos motivos que xustifican o valor social que este Ministerio cuestiona.
Tipo de traballos:
COLABORADOR
-desenvolvemento de proxectos de construcción completos ou parciais a partires dun programa funcional.
-desenvolvemento de proxectos de construcción completos ou parciais a partires de croquis e ou especificacións técnicas.
-desenvolvemento de proxectos de construcción completos ou parciais a partires de anteproyectos definidos.
-coordinar e supervisar o desenvolvemento gráfico dos proxectos de construcción que realizan os delineantes ou os operadores de cad.
-traballos complementarios de campo e gabinete que serven de apoio ó desenvolvemento do proxecto.
-seguimento e control da planificación de obras.
-medicións e certificacións de obra.
-reformulación en obras.
EXERCICIO LIBERAL
-levantamentos planimétricos do terreo
-certificados de teito
-estados actuais de fincas
-certificacións de superficies
-informes descriptivos
-planos de máquinas recreativas
-medicións e cubicacións
-estado de medicións e ornamentos
-actividades non clasificadas
-obras de escasa entidade (segundo a LOE)
-agrupación e segregación de fincas
-predimensionado e cálculo de instalacións dos edificios
-predimensionado e cálculo de abastecementos
-predimensionado e cálculo de elementos estructurais simples
-reformulación en obras
-vaos
-valados de soares ou parcelas, e un largo etc. De traballos propios da especialidade.
Cremos que sería máis acertado e proporcional, redactar unha lei específica de atribucións, onde se recolla a realidade da nosa profesión, para poder exercela con transparencia, dignidade e amparo legal.
Autor: D. Jesús Arús Fillola. Presidente del Consejo General de los Colegios Profesionales de Delineantes